Vámonos de Tapas – Guía de tapas y pinchos

De tapas por España Los + valorados
Los + calentitos Noticias y Eventos Buscar Tapas
Sugerencias

“Para chocos Redondela…” O SÁBADO 12 DE MAIO COMENZA A XXVI EDICIÓN DA FESTA GASTRONÓMICA DO CHOCO DE REDONDELA.

Seis restaurantes ofreceran, a prezos populares, as oito variedades máis clásicas de elaboración deste característico produto da nosa terra como os chocos con arroz, chocos na súa tinta, chocos a prancha, arroz do señorito con chocos, burriños de choco, guiso de arroz con setas e chocos e como non empanadas e empanadillas de choco e tan desexada empanada milla de choco.

O recinto da festa estará situado no Campo da Feira e contará cunha carpa que ocupará preto de 1.600m2 no que se habilitarán espazos especiais para concentrar neste recinto a maior parte dos actos e actividades previstas como a lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do coñecido presentador da TVG José Ramón Gayoso ou o concurso de degustación gastronómica.

A apertura dos stands será o sábado ás 12:30h e o domingo 10:30h e permanecerán abertos en horario continuado durante estas dúas xornadas de exaltación do Choco de Redondela.

Deja tu comentario: